3 DE FEBREIRO DE 2018 - HOMENAXE A MONCHO VALCARCE

No XXV aniversario do seu pasamento quixemos reunir no Centro Social da parroquia de Sésamo que leva o seu nome, a aquelas veciñas e veciños, amigos, colegas, o coñeceran no seu tempo ou non, que admiran ao compañeiro Moncho Valcarce.

Como cada ano, constatamos máis unha vez, que a pegada de Moncho quedou marcada para sempre no pobo cullerdense. Emocionados e agarimosos na lembranza do que fóra Párroco de Sésamo e Concelleiro nacionalista na corporación municipal, contamos coas verbas de Xácome Santos en representación da Irmandade Moncho Valcarce. As súas anécdotas e historias falan dun home bo e xeneroso, defensor da súa terra e do seu pobo, da clase traballadora e rural, que atopou en Sésamo e Culleredo un pobo aberto e acolledor, que quedaría transformado para sempre pola súa labor.

 

cb2bdce4-8f52-43c8-b85a-5015e9afc1c1r

DSC_0216r

DSC_0209r

DSC_0219r

DSC_0239r

DSC_0245r

DSC_0257r