IMPORTANCIA PREVENCIÓN

Solidariedade co pobo portugués

Almeiras Plantación de eucaliptos ao pé das casas
Plantación de eucaliptos ao pé das casas en Almeiras

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo manifesta a súa solidariedade co pobo portugués ante a traxedia provocada polos incendios forestais. O voceiro nacionalista fai fincapé na necesidade de que a Administración asuma o exercizo das súas competencias, reforzando a prevención á vista dos anuncios de aumento progresivo das temperaturas.

 

Solidariedade co pobo portugués


O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo quere amosar a súa solidariedade coa traxedia orixinada polo lume en Pedrógão Grande, que xa leva causadas 64 mortes e obrigou á evacuación de 27 aldeas.

O voceiro nacionalista amosou o seu estupor ante as imaxes e as testemuñas das persoas afectadas, así como pola grande extensión de terreo afectado, con numerosas vivendas ailladas.

Necesidade de prevención

Tono Chouciño manifestou a necesidade de aprender desta traxedia, "para evitar que calquera día, tendo en conta o aumento progresivo das temperaturas de que nos avisan os expertos, a teñamos que sofrer nas nosas propias carnes", dadas as enormes semellanzas na situación en ambos países.

Para evitalo, o voceiro nacionalista pide ao Goberno Municipal extremar a vixilancia no cumprimento das medidas preventivas, no tocante á limpeza da vexetación dos bordes das vías municipais, limpeza de soares, e cercanía ás casas de especies potencialmente ignífugas, como os eucaliptos.

"Non podemos conformarnos con publicar un bando, a Administración non pode descargar as súas responsabilidades nos veciños e veciñas, hai unha normativa, elaborada polo BNG durante o bipartito e despois descafeinada polo PP, e o seu traballo vixilar o seu cumprimento polo ben de toda a poboación".

Solidariedade co pobo portugués