TRANSPARENCIA

O BNG solicita a retransmisión do Debate sobre o Estado do Municipio

pleno debate moción apoio mariscadores
Imaxe de arquivo dun Pleno

O último Pleno Municipal aprobou as nosas demandas de recuperar o Debate sobre o Estado do Municipio, logo de varios anos sen celebrarse, e da súa emisión pola radio municipal, en cumplimento do aprobado tamén por unanimidade ao inicio do mandato. O Pleno celebrarase o 13 de decembro.

O BNG solicita a retransmisión do Debate sobre o Estado do Municipio

O último Pleno Municipal aprobou, por unanimidade, recuperar o Debate do Estado do Municipio a proposta do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, logo de varios anos sen celebrarse malia estar recollida a súa celebración con carácter anual na normativa municipal. A súa celebración quedou sinalada, en posterior Xunta de Voceiros, para o 13 de decembro.

O voceiro nacionalista, Tono Chouciño, solicitou tamén no Pleno que se estreara neste debate a emisión dos Plenos pola radio municipal, lembrando que ao principio da lexislatura todos os grupos aprobaran retransmitilos tanto dende a radio como dende a páxina web municipais, e disponibilizar nesta última as gravacións en formato audio, para o acceso a elas por calquera veciño ou veciña.

Segundo Tono Chouciño "sempre que preguntamos por este tema nos responden que estan a agardar informes, levamos ano e medio agardando informes, será cousa dos informes ou será que non hai interese real no equipo de goberno en fomentar que a veciñanza acceda á información do que ocorre no Concello?"

O BNG solicita a retransmisión do Debate sobre o Estado do Municipio