SERVIZOS PÚBLICOS

Queixas polo mal funcionamento do servizo de mantemento do alumeado público

apagón en Vilaboa
apagón en Vilaboa

O BNG trasladará as queixas recibidas polo mal funcionamento do servizo de mantemento do alumeado público, que nos costa 265.000 € anuais, e a súa ineficacia na reparación de incidencias.

Pediranse explicacións polo incumprimento do establecido nos pregos de contratación no referente á existencia dun servizo 24 horas para atención de avisos.

Os empregados públicos de servizo deben dispor dunha instrución clara de como dar traslado inmediato das incidencias ao operario de garda.
 

Queixas polo mal funcionamento do servizo de mantemento do alumeado público

O BNG de Culleredo trasladará e pedirá explicacións ao Concello de Culleredo polas queixas recibidas polo funcionamento do servizo de mantemento do alumeado público, referidas á ineficacia na reparación de incidencias e o incumprimento do establecido nos pregos de contratación.

O BNG lembra que estes pregos indican expresamente que "o contratista establecerá un servizo permanente as 24 horas do día, incluso domingos e festivos". E dentro dese servizo permanente establecen a existencia de "un operario para atender os avisos, reclamacións, instrucións, etc, que se reciban."

Debería polo tanto existir un protocolo ou unha instrución clara e de coñecemento xeral dos traballadores e traballadoras municipais que se encontran de servizo, para estes poderen dar traslado inmediato das incidencias detectadas a ese operario de garda da empresa contratista.

Tono Chouciño, concelleiro do BNG, relata como após recibir queixas por un corte xeral no alumeado público dunha rúa moi transitada, tivo que dirixirse persoalmente á sede da Policía Local para notificar a avaría. "Tiven que ir ao non conseguir contactar telefónimente, e unha vez alí o axente de garda dixo descoñecer a existencia dese servizo de atención permanente, algo inexplicábel dado o número de incidencias nocturnas que suceden no alumeado do noso Concello".

O representante nacionalista lembra que "pagamos 265.000 € ao ano por un servizo que inclúe o mantemento permanente e non atopamos máis que obstáculos para chegar a el e que se resolvan as incidencias".

 

Queixas polo mal funcionamento do servizo de mantemento do alumeado público