TRANSPARENCIA

O PSOE retíralle a xestión das concesións administrativas ao Pleno Municipal

A Garrocha
A Garrocha

A xestión de concesións administrativas trasládase do Pleno á Xunta de Goberno.

Concesións como a da Garrocha ou o do CLT de Ledoño non pasarán agora polo Pleno.

Trátase nun chanzo máis na política de ocultación que pretende levar o Sr. Rioboo neste mandato.
 

O PSOE retíralle a xestión das concesións administrativas ao Pleno Municipal

A aprobación desta medida, vai furtarlle o debate sobre as concesións administrativas licitadas polo Concello de Culleredo ao conxunto da Corporación e mesmo ao conxunto do Grupo de Goberno, xa que non todos os seus membros fan parte da Xunta de Goberno.

Hai que lembrar o polémicas e ruinosas que resultaron as concesións administrativas para o erario público municipal en casos coma as instalacións deportivas municipais da Garrocha, pendente aínda da fase de liquidación e cunha débeda acumulada de 326.000€; ou o Centro Loxístico de Transportes, onde houbo que devolver 300.000€ de fianza por non ter reclamado nunca, misteriosamente, os incumprimentos que foron demostrados, e que aínda está pendente de ser recepcionado polo Concello, mentras particulares seguen a xestionar o aparcamento de camións ou os edificios de recepción de visitantes.

Cando se produzan ambos trámites, competencia do Pleno, xa non serán debatidos pola totalidade da Corporación dando pé á participación da oposición e mesmo se fora o caso, de asociacións interesadas en dar a súa opinión ao respecto tal como posibilitan os regulamentos municipais. Agora estes asuntos serán debatidos simplemente pola Xunta de Goberno, composta unicamente por 8 dos 12 representantes do PSOE.

Isto, xunto co cambio de Plenos a horario de mañá e a aprobación de salarios con informes da Intervención en contra, dan lugar a que o BNG non dea por pechadas as posibilidades de esixir rectificacións. O voceiro nacionalista, Tono Chouciño, avanza que "non imos quedar de brazos cruzados vendo como se producen retrocesos nos dereitos da veciñanza. Imos facer todo o posible para que os acordos aprobados o outro día sexan revisados".

 

 

O PSOE retíralle a xestión das concesións administrativas ao Pleno Municipal