EFICIENCIA

Pleno Extraordinario, gasto inútil

Tono Chouciño

Nengún dos puntos da orde do día xustifica o gasto realizado na celebración do Pleno Extraordinario.

As reduccións fiscais para os vehículos con consumos ecolóxicos e eléctricos non entrarán en vigor até 2019, debido a demora na súa aprobación e á incompetencia do Goberno Municipal no cómputo dos prazos legais.

Pleno Extraordinario, gasto inútil

Este mércores tivo lugar en Culleredo un Pleno Extraordinario para tratar o novo reparto de competencias no Goberno Municipal e os asuntos aprazados no pleno ordinario de outubro, pola demisión do até daquela alcalde, Julio Sacristán.

Sobre estes asuntos, Tono Chouciño puxo de manifesto que se deixaban de lado propostas xa formuladas polo BNG mentras se anunciaban reduccións fiscais que non entrarán en vigor até 2019 debido á demora na súa aprobación. "Para a súa entrada en vigor teñen que transcorrer 30 días hábiles dende a súa aprobación en Pleno, prazo que remata co exercizo 2018 xa comezado, polo que debido á incompetencia dos responsábeis municipais para algo tan sinxelo como contar días hábiles, non terán efectividade até o exercizo seguinte".

Para Tono Chouciño "o Goberno Municipal renuncia a facer unha política fiscal que favoreza aos veciños e veciñas, ás empresas e residentes no rural, nin ao pequeno comercio, contribuíndo á reactivación da economía municipal, e non parece que a súa nova configuración vaia sacalo da inacción pois non se aprecia intención de dar prioridade á busca de solucións aos graves problemas que ten que afrontar Culleredo".

Nengún dos puntos da orde do día xustifica o gasto realizado na celebración deste Pleno Extraordinario, nen os cambios na estrutura municipal, nen a modificación das ordenanzas fiscais, nen o aumento do orzamento, que se podía ter aprobado no pleno ordinario da semana que ven. 

Pleno Extraordinario, gasto inútil