INTERVENCIÓN XUDICIAL

Nulas explicacións do Goberno Municipal no Pleno do pasado xoves

Tono Chouciño
Tono Chouciño

Non entendemos a referencia á "conciencia tranquila" do sr. Alcalde, que ainda que teña as competencias dos expedientes delegadas nos concelleiros, ten a responsabilidade última, pois a competencia segue a ser súa.

Nulas explicacións do Goberno Municipal no Pleno do pasado xoves

O voceiro do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, Tono Chouciño, cualificou de "NULAS" as explicacións dadas polo Goberno Municipal no Pleno do pasado xoves, sobre a situación dos expedientes reclamados polo Xulgado, e que levaron á presenza da Policía Xudicial en Tarrío.

Segundo Tono Chouciño, "a única información que alí se deu sobre as súas causas foi aportada polo BNG, que foi a única forza política que investiu o seu tempo en revisar os expedientes e que de feito leva tempo alertando sobre como se levan en Culleredo os temas relacionados co urbanismo".

Lembrou que o BNG de Culleredo xa denunciou no anterior mandato a presenza de membros do goberno local en festas en locais con orde de paralización das obras e de reposición da legalidade, e continuamos nesta denunciando a súa pasividade ante a vulneración de ordes de precinto policiais, e o funcionamento de explotacións sen ter tramitadas as correspondentes licenzas e permisos ambientais ou urbanísticos, circunstancia esta que parece darse en Culleredo con relativa asiduidade.

Para o voceiro nacionalista "é lamentábel comprobar como se levan os asuntos relacionados co urbanismo en Culleredo", e considerou a actitude do Goberno Municipal "unha burla á lei, ao traballo do persoal do Concello e á cidadanía en xeral, que si cumpre as normas".

Por último, Tono Chouciño afirmou que "non entendemos a referencia á "conciencia tranquila" do sr. Alcalde, que ainda que teña as competencias dos expedientes delegadas nos concelleiros, ten a obriga "in vigilando" desas responsabilidades. Debería el mesmo revisar os expedientes e ver a evolución que nós comprobamos, para ter conta de como se exercen ás súas delegacións".

Nulas explicacións do Goberno Municipal no Pleno do pasado xoves