ORZAMENTOS 2017

O goberno municipal segue a xogar ao escurantismo co Orzamento 2017

debate estado municipio 2016

O Goberno Municipal fixa a hora do Pleno Extraordinario ás 13.30h. coa intención de dificultar a asistencia de público. A convocatoria prodúcese logo de ser autorizado o 28 de marzo polo Xulgado Mercantil número 1 o pago fraccionado da sentenza polos terreos do Colexio Ría do Burgo, o que ven dar a razón á alegación presentada por veciños e veciñas no sentido de que o Orzamento tiña que recoller a totalidade das débedas do Concello, e o proxecto do Goberno Municipal só destinaba 900.000€ ao pago da sentenza, cando a cantidade é superior ao millón e medio.

O goberno municipal segue a xogar ao escurantismo co Orzamento 2017

Este xoves, apenas unha semana despois do último Pleno Ordinario, vanse someter a Pleno Extraordinario as alegacións presentadas ao Orzamento para 2017 por un grupo de veciños e veciñas, así como a aprobación definitiva do mesmo, logo de ser autorizado polo Xulgado Mercantil número 1 o pago fraccionado da sentencia polos terreos do Colexio Ría do Burgo.

O Pleno Extraodinario está fixado para a unha e media da tarde, cando os Plenos ordinarios, por norma xeral, son convocados ás 20.30h, cousa que non nos parece casual. Antes ben, parece que a intención é dificultar a asistencia de público ao Pleno e así ocultar os problemas que xenera o pago polos terreos adicionais para o Colexio Ría do Burgo.

Resulta que entre todos pagaremos máis dun millón e medio de euros a unha promotora por un terreo que non esta claro que fixera falta para a construción do Colexio. Descoñecemos porqué se modificou o proxecto orixinal, cambiando a orientación do edificio, o que derivou na compra dos terreos obxecto de litixio.

Para Tono Chouciño, voceiro do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, "é altamente significativo que os terreos do colexio actualmente en contrución constaran, na súa totalidade, 200.000 euros, e estos vannos costar sete veces máis".

O voceiro nacionalista lembra que "o acordo plenario do ano 1999 acordaba "facultar ao Alcalde para cantas accións sexan necesarias para levar a bo fin o convenio", e é unha evidencia que isto non foi así e o Alcalde, Julio Sacristán, fracasou no encargo do Pleno". 

Tono Chouciño lamentou a actitude despectiva do Goberno municipal con respecto á alegación formulada por veciñas e veciños de Culleredo aos Orzamentos, "demostrouse que tiñan razón, xa que convocan este Pleno extraordinario logo de recibir o visto bó do Xulgado o pasado 28 de marzo. Se tiveran un mínimo de vergoña pediríanlles aos alegantes disculpas públicas polas súas manifestacións, onde trataban de intoxicar sobre a militancia ou non política dos alegantes en vez de explicar e/ou xustifiicar a súa proposta de Orzamento, cousa que está claro que non podían facer".
 

O goberno municipal segue a xogar ao escurantismo co Orzamento 2017