Encontro Aberto na Ría do Burgo

Encontro Aberto na Ría do Burgo

encontro ría do burgoMañá venres, ás 19.30h. celebraremos un encontro aberto na Ría do Burgo, na contorna da Ponte Medieval, que

O BNG ten desenvolto numerosas iniciativas para acadar a recuperación integral da Ría do Burgo e a súa posta en valor, tanto no Congreso como no Parlamento Europeo. Un longo camiño dando voz e apoio ás reivindicacións das distintas entidades sociais e veciñais implicadas na recuperación da nosa ría.

A día de hoxe aínda está pendente a finalización do seu saneamento, malia a múltiple reiteración de anuncios e declaracións de intencións dende todos os estamentos, declaracións que con frecuenza non se corresponden co sentido do voto que os partidos estatais teñen nos momentos decisivos nos centros de decisión.

Por esta razón é tan importante ter unha voz propia que defenda con coherencia os intereses dos nosos veciños e veciñas, que se comprometa de xeito claro e contundente con eles, que diga en Madrid o mesmo que aquí, como fai o Bloque Nacionalista Galego.

Convidámosvos de participar neste Encontro Aberto, coñecer aos vosos representantes e trasladarlles as vosas dúbidas e inquedanzas.

Encontro Aberto na Ría do Burgo