MELLORAS CONTRATO DA AUGA

Demandamos aclaracións sobre os pregos do contrato de subministro de auga.

Pedimos a cuantificación do aporte de auga dos 3 pozos que verten ao depósito do Monte Xalo, cuantificación que si existe do manantial que tamén verte, para garantir a igualdade entre as empresas candidatas e permitir mellores condicións finais para os usuarios e usuarias finais.

Demandamos aclaracións sobre os pregos do contrato de subministro de auga.

 

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo rexistrou unha solicitude para mellorar puntos do prego de condicións técnicas (PCT) para o contrato de subministro de auga.

O documento especifica que un dos abastecementos da rede de auga de Culleredo é un depósito no Monte Xalo ao que verten, un manantial e tres pozos de até 62 metros de profundidade. Mentras o aporte do manantial está cuantificado, non é así no caso dos tres pozos.

Entendemos que se debe incluír esta cuantificación, para que as empresas que opten ao contrato o fagan en igualdade de condicións, xa que a actual concesionaria si coñecería eses datos, polo que tería vantaxe sobre as demais aspirantes

Para Tono Chouciño "coñecer este dato beneficiaría a todos os usuarios e usuarias, xa que permitiría ás empresas axustar as súas ofertas e ou ben elevar a poxa polo canon que a adxudicataria debe pagar ao Concello, ben que baixar as tarifas nun futuro".

Demandamos aclaracións sobre os pregos do contrato de subministro de auga.