CONVIVENCIA

O Concello de Culleredo obrigado pola Valedora do Pobo a cambios na ordenación das festas

resposta da Valedora do Pobo ás denuncias por ruídos nas festas
escrito Valedora do Pobo

O pasado mércores o BNG reuniuse con persoas afectadas polo descontrol nas festas do Burgo e Vilaboa, e que ante a inacción do Concello víronse na obriga de recorrer á Valedora do Pobo en varias ocasións dende o ano 2014.

Esta institución requeriu ao Concello para que cumpra e faga cumprir a lexislación en materia de ruídos e protección do medio ambiente.

O Concello de Culleredo obrigado pola Valedora do Pobo a cambios na ordenación das festas

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo mantivo unha reunión o pasado mércores con persoas afectadas polo descontrol nas festas na zona urbana do Burgo e Vilaboa, para coñecer a súa problemática e pór en común todas as actuacións que, illadamente, tiñan dado.

Nesta xuntanza tivemos coñecimento da existencia de queixas perante a Valedora do Pobo dende o ano 2014, despois de que o Concello lles dera a calada por resposta ás persoas reclamantes. 

Segundo a documentación aportada, a Oficina da Valedora ten reclamado información sobre "as autorizacións dadas, as súas condicións a vixilancia do seu cumprimento e a conclusión do seu estrito cumprimento [...] os horarios das actividades máis molestas, os niveis de ruídos que non se poden exceder e os controis que garantan que as molestias son limitadas e proporcionadas". A Valedora remata facendo un requerimento á administración local para que cumpra e faga cumprir a lexislación en materia de ruídos e de protección do medio ambiente.

As persoas presentes lembraron as máis de 400 sinaturas recollidas o ano pasado pola veciñanza de Vilaboa, presentadas ao Alcalde, demandando unhas festas onde se conciliara a diversión co descanso, e que foran desoídas dende o Goberno Municipal.

Para o voceiro nacionalista "o Concello despreza ás veciñas e veciños non só pola súa inacción ante as reiteradas faltas de civismo e incumprimentos da lei que impiden que podan desfrutar das súas festas, senón que despreza a súa mobilización ante ditos incumprimentos, obrigándoas a acudir a outras instancias". 

Tono Chouciño lamentou que "en Culleredo padezamos un Goberno Municipal que pretende ocultarnos o verdadeira causa dos cambios anunciados nas festas, negando as evidencias e desprezando as reclamacións veciñais e as chamadas á Policía Local durante a celebración das festas, até o punto de que a propia Valedora lle indica cales son as súas obrigas".

O Concello de Culleredo obrigado pola Valedora do Pobo a cambios na ordenación das festas