CLT de Ledoño: pagar e calar

CLT de Ledoño: pagar e calar

Candidatura BNG (43) rdx rcNo pleno do pasado xoves o Goberno Municipal conseguiu aprobar a rescisión do contrato de construción e xestión do Centro Loxístico de Transportes de Ledoño pola vía da entrada na fase de liquidación do concurso de acredores da empresa adxudicataria (Obralar SL).

Esta aprobación supón, en primeiro lugar, que o Concello deberá devolver á empresa os 300.000 euros da fianza, como se tivese cumprido con todas as súas obrigas, cando non e así a todas luces, tal e como está recollido no expediente elaborado polo técnicos municipais, que enumera os numerosos incumprimentos que puideron detectar durante as súas inspeccións.

A maiores da fianza, neses informes tamén se cuantifica economicamente eses incumprimentos na nada desdeñábel cifra de 3.773.334 €, que co modo de resolución aprobado no Pleno, serán xa de difícil recuperación, polo que contou coa oposición do concelleiro nacionalista, Tono Chouciño, o único que votou en contra da proposta do Goberno Municipal.

En opinión do representante nacionalista, con esta resolución "trátase de botar terra sobre os graves incumprimentos que encerra todo o proceso, dende a xénese mesma do CLT, que dacordo cos informes poderían provocar incluso a devolución dos terreos aos antigos propietarios".

CLT de Ledoño: pagar e calar