Campaña informativa do BNG sobre os fallos nas tarxetas de transporte

Campaña informativa do BNG sobre os fallos nas tarxetas de transporte

Dende o BNG-Asembleas Abertas de Culleredo iniciamos unha campaña para coñecer o grao de satisfacción das persoas usuarias da Tarxeta de Transporte Metropolitano co seu funcionamento. Para isto comezouse a distribuir unha enquisa entre as persoas usuarias do transporte, tanto en papel como en internet, accesíbel cun código QR que se colocará nas paradas ou nas súas proximidades.

A iniciativa xorde despois dos últimos fallos detectados no seu funcionamento, que acabaron coa denuncia da empresa concesionaria a unha pasaxeira que se negou a pagar despois de repetidos erros no funcionamento da tarxeta, chegándolle a cobrar varias veces a mesma viaxe, e que diante da pregunta do voceiro do BNG, Tono Chouciño, o Alcalde dese como única solución que se reclamase nas oficinas da empresa.

Tono Chouciño anima a participar, para ter unha imaxe o máis precisa posíbel da magnitude do problema, ao tempo que manifesta a necesidade dunha maior implicación do Concello no control dun servizo público básico e no apoio ás persoas prexudicadas polo seu mal funcionamento, "o Goberno Municipal non pode limitarse a derivalas a outra ventanilla, ten a obriga de darlles o seu apoio e facilitarlles a tramitación das queixas e reclamacións, para iso ten, entre outras cousas, un departamento de Consumo"

 

 

Campaña informativa do BNG sobre os fallos nas tarxetas de transporte