PATRIMONIO PÚBLICO

O BNG solicita un informe sobre a posible afectación do proxecto do Casino a propiedades municipais

zapateira casino

O BNG de Culleredo solicita a iniciación dun expediente de comprobación sobre a afectación do "Plan de equipamentos en solo rústico do Casino da Coruña" a propiedades que puideran ser propiedade pública ou veciñal.

Non temos constancia de que o Goberno Municipal esgotara a vía da Xustiza ordinaria, onde o remitiu o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común e tal e como se comprometera coa Asociación de Veciños.

Existen indicios de que cando menos parte do antedido proxecto puidera ocupar terreos de propiedade pública, polo que se solicita aos servizos municipais que fagan as indigacións precisas para determinar se iso é así.

O BNG solicita un informe sobre a posible afectación do proxecto do Casino a propiedades municipais

O BNG de Culleredo solicita do Goberno Municipal a iniciación dun expediente de comprobación sobre a afectación do "Plan de equipamentos en solo rústico do Casino da Coruña" a propiedades municipais ou que nalgún momento foron tuteladas polos organismos públicos debido á súa condición veciñal ou comunal.

 
Existen indicios de que cando menos parte do antedito proxecto puidera ocupar terreos de propiedade pública. No ano 1996 varias persoas reclamaron a declaración de diversos terreos nesa zona como monte veciñal perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña. Ao estar en cuestión o dominio dos predios este Xurado determinou que a competencia para resolver era dos tribunais de Xustiza ordinarios.
 
Nese mesmo ano o Concello de Culleredo asinou un acordo coa asociación de veciños para apoiar as reivindicacións e as accións xudiciais. En contrapartida os terreos pasarían, unha vez recuperados, ao dispor do Concello para uso público.
 
O BNG de Culleredo non ten constancia de que o Concello de Culleredo agotara a vía da Xustiza ordinaria como lle se lle indicou dende o Xurado Provincial, como se comprometeu coa Asociación de Veciños, e como lle corresponde facer para a defensa dos bens públicos.
 
Para Tono Chouciño, representante do BNG, é preciso que os servizos municipais fagan as indagacións precisas para determinar a propiedade deses terreos. "Podemos estar ante un caso de abandono das súas responsabilidades por parte do Goberno Municipal de Culleredo, que tería preferido que o tema esmorecese e caese no esquecemento polo cansanzo veciñal. Pero aínda estamos a tempo de impedir que o dano causado aumente e exixir as correspondentes responsabilidades, e intentaremos que así sexa".

O BNG solicita un informe sobre a posible afectación do proxecto do Casino a propiedades municipais