VIAL18

O BNG leva o Vial 18 ao Parlamento Galego

ampliación AP9 a 4 carrís previa ao Vial18
ampliación AP9 a 4 carrís

O BNG levará a conexión de AP9, aeroporto e terceira rolda ao Parlamento Galego, para demandar información da Xunta de Galicia.

O Goberno Municipal debe convocar de urxencia unha asemblea informativa aberta para aclarar as dúbidas da veciñanza, antes do remate do prazo de alegacións.

O proxecto actual do Vial18 prevé a ampliación da autoestrada a catro carrís por sentido entre A Barcala e novo enlace, proxecto este que non foi sometido a información pública nen conta con estudos ambientais coñecidos.

O BNG leva o Vial 18 ao Parlamento Galego

O BNG formulou unha pregunta no Parlamento Galego sobre a conexión da AP9, o aeroporto e a terceira rolda, perante o proxecto do Vial 18 presentado polo Ministerio de Fomento e sometido actualidade a información pública.

Para Tono Chouciño, portavoz do BNG en Culleredo, “é imprescindíbel e urxente dar contestación  á inquietude xerada por este proxecto entre a veciñanza de Vilaboa e Castro-Laxe, e á vista da inoperancia do Goberno Municipal, vémonos na obriga de impulsar iniciativas que salvagarden os dereitos dos nosos veciños e veciñas”.

O portavoz nacionalista fai fincapé en que "o proxecto do Vial18 vai vinculado a outro aínda non publicado, do que acabamos de ter noticia pola propia documentación do Vial18, e que implica a ampliación da autoestrada a catro carrís por sentido por sentido entre a entrada da Barcala e novo enlace entre o monte Alfeirán e o da Zapateira. Un proxecto que non foi sometido a nengún tipo de información pública nen conta con estudos ambientais nen de nengún tipo, e que parece que se nos quere colar pola porta de atrás”.

Tono Chouciño solicita do Goberno Municipal a convocatoria urxente dunha asemblea informativa aberta. “O Goberno Municipal debe saír do búnker onde parece estar metido e aclarar as dúbidas da veciñanza e explicarlles con claridade as afectacións que terán estes proxectos, antes de que remate o prazo de alegacións e sexa demasiado tarde”.

O BNG leva o Vial 18 ao Parlamento Galego