PATRIMONIO

O BNG demanda melloras no Camiño Inglés en Culleredo

Roteiro histórico por Culleredo - Castro de Albedro
Un intre da visita guiada ao Castro de Albedro, organizada polo BNG o 28 de xaneiro

O BNG reclamou no Pleno un maior impulso polo Concello do Camiño Inglés, por ser un elemento patrimonial, cultural, turístico e económico que precisa ser posto en valor.

Tono Chouciño chamou a atención sobre o abandono no que se atopa o treito e a falta dunha sinalización informativa dos lugares de interese polos que pasa.

É contradictorio que o Goberno Municipal pretenda ingresar nunha Asociación de Concellos do Camiño sen saber a súa utilidade e cando aínda ten múltiples eivas por abordar no treito que transcorre por Culleredo.

O BNG demanda melloras no Camiño Inglés en Culleredo

O BNG-Asembleas de Culleredo demandou no último Pleno municipal a mellora do Camiño Inglés que pasa por Culleredo, por ser un elemento patrimonial, cultural, turístico e económico a ter en conta e que precisa ser posto en valor.

Tono Chouciño chamou a atención sobre o abandono deste treito, "con valos publicitarios tapando a igrexa do Burgo, prohibidos segundo a lexislación do Camiño, numerosos cableados eléctricos ao aire e nas fachadas das vivendas, e sen sinalización informativa dos lugares de interese polos que pasa, como o castro de Albedro, en total abandono".

O voceiro nacionalista reclamou un maior impulso por parte do Concello de Culleredo, lembrando que "o ano pasado tivo que ser o BNG quen pedira ao goberno municipal a convocatoria de charlas informativas sobre as axudas para rehabilitación de vivendas no Camiño, cando a súa celebración estaba establecida na normativa".

O BNG resaltou a contradición do Goberno Municipal que nos quere meter nunha Asociación de Concellos que non se sabe para que serve cando ten multiples cuestións do Camiño sen abordar.

O BNG demanda melloras no Camiño Inglés en Culleredo