O BNG de Culleredo reclama en Pleno impulsar a contratación do subministro de auga

Auga Culleredo 1
Subministro Auga Culleredo

O servizo préstase sen contrato desde 2015, sen que o goberno municipal reclame contraprestacións polas deficiencias no subministro. 

O BNG presentará en Pleno unha moción para rematar con estas irregularidades. 

Rioboó incumpliu varias veces nos dous últimos anos as súas promesas de sacar novamente a contratación o servizo.

O BNG de Culleredo reclama en Pleno impulsar a contratación do subministro de auga

O BNG presentará no vindeiro pleno municipal unha moción para solicitar ao goberno municipal o impulso do procedemento de contratación do servizo de auga potábel, paralizado trala aprobación dos pregos de contratación pola anterior corporación. 

A xestión da auga en Culleredo leva desde xuño de 2014 en precario, despois de que se aprobara polo Pleno unha prórroga dun ano que foi declarada pola Secretaria do Concello como ilegal, por terse esgotados todos os prazos de prórroga á empresa adxudicataria desde o ano 1989. Desde a fin da última prórroga descoñecemos as obrigas e dereitos de Gestagua, empresa adxudicataria do servizo. Vale a pena lembrar que os pregos de contratación recollían unha poxa para pagar un canon ao Concello dun mínimo de 50.000€ por xestionar o servizo de auga durante 5 anos. Esta é a cantidade que a empresa concesionaria do servizo en Culleredo está aforrando mentres se continúe a dilatar o proceso de contratación do servizo. Máis alá de que a empresa concesionaria non estea obrigada a pagar un canon ao Concello polo seu negocio, non se está a aplicar ningún tipo de desconto ou contraprestación por fallos no servizo que requiren de aviso previo e pronta solución. Os fallos no servizo dos últimos anos seguen sen solución nin información clara sobre as súas causas.

Desde hai case xa dous anos véñense repetindo con moita asiduidade problemas pola turbidez da auga da traída, orixinando graves problemas á veciñanza do noso concello. Desde o BNG de Culleredo levamos trasladando ao goberno municipal a necesidade de pór finalmente remedio ao deficiente servizo de subministro de auga, comezando pola regularización definitiva do contrato de subministro, para que toda a veciñanza poda coñecer as responsabilidades da empresa adxudicataria.

Rioboo prometeu na súa chegada á Alcaldía hai dous anos resolver esta situación irregular (como a de outros moitos servizos sen contrato no noso concello) en poucos meses. Máis tarde dixo que estaría resolto no pasado mes de setembro de 2019... Unha e outra vez incumple as súas palabras e deixa clara a ineficencia na súa xestión. 

O BNG de Culleredo reclama en Pleno impulsar a contratación do subministro de auga