SEGURIDADE VIARIA

O BNG de Culleredo propón melloras nas obras da Avenida de Rutis

20191125 moción obras Avda Rutis

A obra está parada desde hai varios días, presentándose así unha oportunidade para mellorar a mobilidade e seguridade viaria da contorna.

A limitación de velocidade a 30 Qm/h debería ser o inicio dunha nova mobilidade nun entorno escolar e sanitario.

O BNG de Culleredo propón melloras nas obras da Avenida de Rutis

As obras da Avenida de Rutis, onde se está a renovar o pavimento, están desde hai varios días paradas, quedando un pano fresado pero sen asfaltar. As máquinas desapareceron de alí e non hai cartel que nos indique cando van rematar nen hai noticias sobre o porqué desta situación. Desde a Corporación Municipal debemos esixir a finalización e as explicacións de por que se deixa unha obra a medias.

Malia isto, pode ser unha oportunidade para mellorar a mobilidade e seguridade viaria da contorna, e entendemos que cómpre aproveitala. Así pois, demandamos á Deputación da Coruña que remate a obra (na actualidade parada) sen máis demora. Pero debee aproveitarse para unha nova sinalización viaria e a limitación da velocidade nesa vía a 30 Qm/hora, de forma que se inicie un novo tratamento da mobilidade que priorice o tránsito peonil, principalmente nun punto delicado como é a entrada ao recinto deportivo de Acea de Ama, que se usa tamén para acceder ao IES Rego de Trabe e á Universidade Laboral. Un punto con moita densidade de tráfico, pois tamén está nas proximidades dunha zona comercial e do Centro de Saúde de Acea de Ama.

Para iso, entre outras, proponse trasladar o paso de peóns a diante do acceso peonil ao recinto da Secretaría do Deporte da Xunta, de forma que quedaría mesmo en fronte do acceso peonil ao recinto de Acea de Ama, fomentando así o uso da única acera que hai nesa costa de subida. (agora a xente entra maioritariamente, polo acceso dos coches e xa sube por medio da vía rodada).

Proponse tamén solicitar da Xunta de Galiza, como emenda aos orzamentos da Xunta 2020, unha partida para acondicionar a mobilidade dentro do recinto, en particular as beirarrúas propostas no Plan Especial da Laboral, redactado e aprobado e dispoñible para consulta no Concello de Culleredo.

O BNG de Culleredo propón melloras nas obras da Avenida de Rutis