VIAL18

O BNG de Culleredo, firme na defensa da veciñanza fronte ao Vial 18, lamenta a incoherencia doutras formacións políticas

Captura de pantalla 2019-03-06 a la(s) 21.18.15
Área da Laxe que sería atravesada polo Vial 18

O BNG de Culleredo levou a cabo un gran esforzo para estudar o proxecto e redactar varias alegacións, así como para informar á veciñanza a través do reparto de volantinas informativas.

Ningún outro grupo presentou alegación algunha ao proxecto do Vial 18.

Tras apoiar no Pleno municipal as alegacións do BNG para a retirada do proxecto e o estudio de alternativas, Alternativa dos Veciños muda de opinión, defendendo o proxecto e esquecendo a defensa dos intereses veciñais.

O BNG de Culleredo, firme na defensa da veciñanza fronte ao Vial 18, lamenta a incoherencia doutras formacións políticas

O BNG de Culleredo lamenta fondamente o cambio de opinión protagonizado por Alternativa dos Veciños na defensa dos intereses veciñais fronte ao Vial 18, ao posicionarse en distintos sentidos, nalgún caso en cuestión de horas, despois de ter votado no Pleno Municipal a favor das alegacións presentadas polo BNG. Nas alegacións do BNG de Culleredo que contaron co apoio de Alternativa dos Veciños e a Concelleira non adscrita, reclamábase a retirada do proxecto para levar a cabo un estudio de alternativas menos custosas, menos lesivas e con máis servizos para a veciñanza, como o acceso á AP9 a través da área de servizo de Almeiras.

O BNG de Culleredo non entende como unhas lamentábeis declaracións altisonantes do Sr. Ángel Seoane, dentro do lamentábel enfrontamento personalista que mantén co lamentábel alcalde que padecemos en Culleredo, poden facer bailar deste xeito o criterio dunha formación política, esquecendo a defensa dos intereses das cullerdenses.

A actitude exposta por este e outros grupos da corporación municipal de Culleredo no pasado pleno deixou clara a súa desgana no traballo a prol da veciñanza. Mentres ningún outro grupo presentou alegación algunha ao proxecto en tempo e forma fronte ao Ministerio de Fomento, o BNG de Culleredo levou a cabo un gran esforzo para estudar o proxecto e redactar varias alegacións, así como para informar á veciñanza a través do reparto de volantinas informativas.

Para Tono Chouciño esta é unha mostra máis da necesidade dun cambio radical que precisamos en Culleredo. “O noso concello non precisa cambiar un cacique por outro, nen de gobernos títeres. O noso concello, a veciñanza de Culleredo, precisa un goberno municipal que se deixe de fanfarrias e personalismos e se poña a traballar polo seu benestar e para dar resposta as súas necesidades".

O BNG de Culleredo, firme na defensa da veciñanza fronte ao Vial 18, lamenta a incoherencia doutras formacións políticas