BO GOBERNO

100 días de vacacións, 100 días de parálise en Culleredo

Pleno municipal xuño 2019

O Concello de Culleredo permanece paralizado, mentras o Goberno Municipal segue "pechado por vacacións" dende as eleccións municipais.

Asuntos fundamentais para o futuro de Culleredo seguen paralizados e aínda non se sabe cales son as novas funcionalidades das persoas con dedicacións retribuídas nas áreas de goberno, que aumentaron sensiblemente con respecto ao anterior mandato.

Non parece que a situación de Culleredo sexa tan paradisíaca como para que o Goberno Municipal se conceda 4 meses de vacacións.

 

100 días de vacacións, 100 días de parálise en Culleredo

Despois de 4 meses da celebración das últimas eleccións municipais, que lle deron a maioría absoluta ao PSOE, e cando pasan xa máis de 100 días da constitución do novo goberno municipal, encabezado polo Sr. Rioboo, constátase a súa falta total de iniciativa e espíritu de traballo que levan ao Concello de Culleredo á parálise máis absoluta.

Despois de todo este tempo aínda non se sabe cales son as novas funcionalidades das persoas con dedicacións retribuídas nas áreas de goberno. Estas aumentaron sensiblemente con respecto ao anterior mandato, sendo aprobadas co informe desfavorábel da intervención municipal, o que motivou o recurso do BNG, recurso que está pendente aínda de resolver.

Asuntos fundamentais para o futuro do Concello, como a aprobación do PXOM, seguen paralizados, desaparecendo a Comisión Especial que viña existindo nos últimos mandatos, mentras se fan promesas que nunca chegan a materializarse.

Outro tanto ocorre coa demanda dun novo Instituto para o rural de Culleredo, petición veciñal remitida a todos os grupos políticos o 23 de xullo pola que o BNG preguntou en repetidas ocasións aos responsábeis do Goberno Municipal sen resposta.

O Concello de Culleredo funciona por inercia mentras o equipo de goberno estivo "pechado por vacacións" dende o día das votacións, segundo afirmou o Sr. Alcalde nunha entrevista á prensa. Moitos veciños e veciñas comezan a prantexarse se era para isto para o que quería o Sr. Rioboo a maioría absoluta.

O portavoz do Grupo Municipal do BNG Tono Chouciño amosou a súa preocupación por este comezo de mandato. "Non parece que a situación de Culleredo sexa tan paradisíaca para que o Goberno Municipal se conceda 4 meses de vacacións. Reclamámoslles que sexan máis conscientes das súas responsabilidades e da confianza que os veciños e veciñas de Culleredo depositaron neles para solucionar os seus problemas, e se poñan a traballar para solventar a situación de total abandono na que se atopa o Concello."

100 días de vacacións, 100 días de parálise en Culleredo