BNG de Culleredo
BNG de Culleredo
Novas
Pleno extraordinario do 9 de outubro de 2023

O BNG revela unha nova aprobación do proxecto para o Monte Alfeirán sen escoitar á veciñanza

A Corporación Municipal, convocada polo goberno do PSOE, celebrou hoxe un Pleno Extraordinario para refrendar unha decisión tomada polo Alcalde, cando as bases do POS+ da Xunta claramente sinalan que é competencia do Pleno aprobar a solicitude deste financiamento provincial.

O goberno municipal coñece desde o mes de xuño que debía levar este asunto a Pleno, por resolución emitida polo propio Presidente da Deputación, compañeiro de partido do goberno municipal, pero a súa parálise e ineptitude provocou que non se cumprise en prazo con este procedemento.

Na decisión tomada polo Pleno refréndase ademais o proxecto para o Monte Alfeirán, que non inclúe as modificacións solicitadas pola súa veciñanza.

Ler novas
Novas
Protestas na Fonte da Balsa

O BNG consegue a declaración de Área de Rehabilitación Integral para A Fonte da Balsa

O acordo da Corporación é o primeiro paso para iniciar o proceso

A declaración da ARI abre a porta a novas posibilidades de financiamento e de instalación de novos equipamentos para o barrio

Trátase do primeiro compromiso cumplido polo BNG de entre todos os recollidos no seu programa electoral, que seguirá achegando propostas para mellorar a vida da veciñanza cullerdense

Ler novas
Novas
Imaxe do pleno de Organización, celebrado o día 1 de agosto de 2023

PSOE e PP pactan o reparto de salarios sen ningunha medida en beneficio da veciñanza de Culleredo, e co voto en contra do BNG

O PP entrega os seus votos no Pleno Municipal ao PSOE para pactar os salarios da estructura política da Corporación, desperdiciando a oportunidade de lograr calquera contraprestación para a veciñanza de Culleredo.

Os concelleiros/as do PP terán á súa disposición 3 postos con dedicación por valor de 103.500€ ao ano e 2 postos de asesor/a escollidos a dedo.

Mentres tanto, facilitan que teñamos un Alcalde sen dedicación ningunha ao Concello e que cobrará case 70.000€ ao ano pola súa dedicación á Deputación da Coruña, puidendo aumentar esa cifra nuns 20.000€ pola súa asistencia a órganos colexiados do Concello

Ler novas
Novas
Fondo Xeral

O BNG de Culleredo traslada 50 medidas imprescindibles para os 100 primeiros días de goberno

O goberno municipal de Culleredo aínda non convocou o Pleno de Organización no que debe dar conta da estructura política da súa administración e que xa se celebrou en tódolos concellos da Comarca.

Diante da situación de parálise do goberno municipal, o BNG de Culleredo ten trasladado ao goberno municipal e ao PSOE de Culleredo máis de 50 medidas a levar a cabo dentro dos 100 primeiros días de actividade do novo goberno.

Segundo o portavoz nacionalista, Tono Chouciño, “as medidas trasladadas polo BNG ao goberno municipal de Culleredo son esenciais para contar cun goberno que se poida chamar transparente e decente”.

Ler novas
Novas
Concelleiros electos

A Asemblea do BNG de Culleredo ratifica a decisión de non pactar con Riobóo

O compromiso e a honestidade cara os seus votantes, a defensa do interese común e o rexeitamento das políticas escurantistas do goberno de Riobóo durante os últimos 6 anos, principais motivos da formación nacionalista para non apoiar a candidatura socialista no Pleno de investidura.

Riobóo liderou durante os últimos 6 anos un goberno municipal que actuou con total falta de transparencia e de costas á veciñanza, sen ter en conta o beneficio común, no que o chanchullo foi sempre o centro de decisión.

Segundo o portavoz nacionalista, Tono Chouciño, “Non temos nada en común con Riobóo nin co seu goberno. O BNG é coherente coa súa política de defensa da veciñanza e iso é incompatible con apoiar a Riobóo como Alcalde.”

Ler novas