POR UNHA PATRIA SOBERANA

POR UNHA PATRIA SOBERANA

O vindeiro domingo, 15 de setembro, o BNG ten convocada unha manifestación en Compostela, con saída ás 12.00 horas da mañá dende a Alameda, en demanda de xustiza, de emprego, de dignidade e de democracia: en definitiva, de Soberanía.

A situación que está a padecer Galiza é crítica: medra o desemprego, a emigración e a falta de perspectivas laborais. Aumenta a miseria e o empobrecemento na nosa sociedade. Espolian literalmente o noso pobo, a comezar polo sistema financeiro, continuando cun sistema de finanzamento inxusto, que drena a nosa riqueza e a deriva a Madrid, ou con devastadores proxectos mineiros en mans alleas.

Galiza posúe recursos e potencialidades para sair adiante, xerar emprego e riqueza, pero os nosos sectores produtivos están exhaustos, acosados polas limitacións e as regras de xogo impostas pola UE e polo Estado español, contrarias aos intereses do noso naval, do agro, do sector pesqueiro, enerxético e dos nosos recursos naturais, que o PP quere entregar ás multinacionais depredadoras. Con capacidade política real é posible darlle a volta a gobernar a favor dos nosos sectores produtivos.

É preciso rebelarse, por necesidade e por dignidade, e facelo reclamando a soberanía de Galiza, porque non se trata dun capricho ideolóxico, senón da chave para saír da crise, para desenvolver o país, para conquistar a xustiza social e reconstruír a democracia. Sobran motivos para participar a manifestación do 15-S. Só tes que elixir cal é o teu.

 

POR UNHA PATRIA SOBERANA