nº 8 - Marlene Anaya

nº 8 - Marlene Anaya

marleneMarlene Anaya García – Independente – 55 anos. Nacida en Colombia, leva 18 anos vivindo en Culleredo.

Titulada en Zootecnia, é especialista en Interpretación do Patrimonio, e traballa como profesora no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, dependente da Consellaría de Medio Rural e do Mar, onde exerce de Xefa de Estudos.

"A Educación, a Cultura en todas as súas manifestacións, e a Sociedade na que vivo inmersa, concitan o meu interese. Culleredo ten un impresionante patrimonio, natural e cultural, todavía sen aproveitar, que me chamou inmensamente a atención dende o primeiro día que cheguei. Temos os recursos, só fan falla proxectos e ilusión para, co apoio e reforzo do goberno municipal, sacalos adiante. Ante nós ábrese un abano de posibilidades que temos que ser quen de desenvolver."

Un dos eixos fundamentais das políticas do BNG, alí onde goberna, é a recuperación e posta en valor dos recursos do noso país dun xeito sustentábel, e o primeiro paso debe ser dotar á zona rural de Culleredo dos mesmos servizos dos que gozan os veciños e veciñas da zona urbana, porque tamén pagan os mesmos impostos e taxas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

nº 8 - Marlene Anaya