nº 21 - Raquel Jabares

nº 21 - Raquel Jabares

raquelRaquel Jabares Fernández, de 37 anos, nacida en Redondela, vive dende 1999 en Culleredo. Está casada e ten tres fillos.

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, é dende o ano 2003 voceira do Grupo Municipal do BNG no Concello de Culleredo, e concelleira de Benestar entre 2007 e 2013, anos durante os que se puxeron en marcha dúas escolas infantís e un centro de día públicos.

"A acomodación en cargos de responsabilidade política pode producir que perdas a conexión coa realidade social. Despois de 12 anos como membro da corporación municipal, 6 deles con responsabilidades de goberno, é o momento de deixar paso a outras persoas, con ideas novas, para tratar de darlle ao noso Concello a revitalización que precisa"

A candidatura do BNG – Asembleas Abertas de Culleredo incorpora, nos 11 primeiros postos, 5 persoas sen afiliación política, entre elas o candidato á alcaldía Tono Chouciño, persoas que queren pór os seus coñecementos e traballo para rematar co inmobilismo e conseguir un concello máis xusto, participativo e sustentábel.

nº 21 - Raquel Jabares