Graves deficiencias na Polideportiva Ría do Burgo

canastras na polideportiva do CEIP Ría do Burgo
Graves deficiencias na Polideportiva Ría do Burgo

WhatsApp-Image-20160502O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo reclama unha solución aos problemas de seguridade que ven presentando de xeito continuo a polideportiva Ría do Burgo, e polas que o seu voceiro no Concello ten reclamado en numerosas ocasións.

Varias desas reclamacións foron sobre as canastras con que estaba dotada, que non son aptas para a práctica segura do baloncesto polos rapaces e rapazas que empregan a cancha cos seus clubes e colexios, e mesmo tiñan un sistema de desprazamento que deterioraba a superficie de xogo, malia ter sido mercadas ao mesmo proveedor que o parquet.

A falta de seguridade demostrou ser real, sen que o Concello reaccionase

O último incidente tivo como resultado unha rotura severa dun nocello nun cativo, e foi causado polas canastras de minibasquet, que invaden a área de xogo, e que xa anteriormente causaran outros accidentes, de menor gravidade.

Tono Chouciño reclamou unha maior interlocución cos clubes e as persoas que levan os adestramentos, que son as coñecedoras de primeira man das carencias das instalacións.

Lamentou tamén que a súa insistencia non tivese sido abonda para que os responsábeis municipais adoptasen unha solución segura con anterioridade, "este accidente confírmanos que a existencia do perigo era real e merecía ter sido tratado cunha seriedade para a que os nosos responsábeis municipais, lamentablemente, non están preparados".

 

 

Graves deficiencias na Polideportiva Ría do Burgo