Acto en defensa do tren de cercanías
Este sábado 22, desenvolveremos un acto reivindicativo en defensa dos camiños de ferros, e en demanda dun tren de cercanías, e do mantemento da liña A Coruña-Ferrol con frecuencias suficientes, que permitan o seu uso por traballadores e estudantes.
Colleremos o tren no Burgo ás 17.40 ata Betanzos, onde confluiremos coas persoas que se desprazan dende Ferrol e terá lugar o acto central, ás 18.30 horas no Cantón de Claudino Pita, que contará coa participación de Francisco Jorquera, candidato do BNG á presidenza da Xunta.
Durante o acto recolleranse sinaturas, que o BNG enviará á Xunta de Galiza e ao Goberno central, para reclamar a mellora dos servizos de media distancia actuais (tanto en número de frecuencias como en material rodante), o abaratamento das tarifas e a execución dun plan de mellora da infraestrutura (como o traspase en Betanzos), co fin de reducir o tempo de viaxe entre A Coruña e Ferrol.
O retorno farémolo collendo en Betanzos o tren, ás 21.00 h., para estar de novo no Burgo ás 21.30 horas.