IBI

XA É EFECTIVA A BAIXADA DO IBI EN CULLEREDO

O mesmo inmoble paga case un 10% menos
O mesmo inmoble paga case un 10% menos

Os veciños e veciñas de Culleredo xa poden comprobar nos recibos que lles están a chegar estes días ás súas casas a baixada de case un 10% nos recibos do IBI, malia que o PSOE pretendía facer permanente a suba temporal imposta pola Lei Montoro en 2011.

XA É EFECTIVA A BAIXADA DO IBI EN CULLEREDO

Estes días están a chegar ás casas dos veciños e veciñas de Culleredo os recibos do IBI (Imposto de Bens Inmobles) do presente exercizo, no que xa se pode comprobar a efectividade da rebaixa en case un 10% do importe a pagar.

Esta rebaixa é consecuencia directa da oposición do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, secundada polos demais grupos da oposición, a que se mantivese a suba temporal imposta pola Lei Montoro no ano 2011, que o PSOE pretendía facer permanente mediante o aumento dos valores catastrais dos inmobles.

Xa naquel momento manifestamos a incongruenza de pretender manter unha suba que o propio PSOE tiña criticado cando gobernaba en coalición do BNG, ao mesmo tempo que se anuncian continuamente superávits nas contas do Concello.

Para Tono Chouciño "este é un exemplo moi claro de como o Goberno Municipal actúa de costas á veciñanza, intentando confundila con tretas e ocultación da información, xogo no que o BNG-Asembleas Abertas de Culleredo non está disposto a entrar."