TRANSPARENCIA

Tono Chouciño renuncia ao cobro pola asistencia ao próximo Pleno

2018 09 16 rexistro renuncia cobro asistencia

Tono Chouciño, concelleiro do BNG de Culleredo, renuncia ao cobro de indemnización pola asistencia ao Pleno Extraordinario convocado para o martes da vindeira semana. "Non me parece lícito cobrar a indemnización estipulada para a asistencia a este acto".

O Pleno conta cun único punto na orde do día, a renuncia de dos concelleiros do Partido Popular, polo que previsibelmente será un acto protocolario e breve, para o que o representante nacionalista estima que non é precisa nengún tipo de preparación pola súa parte.

 

 

Tono Chouciño renuncia ao cobro pola asistencia ao próximo Pleno

Tono Chouciño, Concelleiro do Concello de Culleredo e Voceiro do BNG da localidade, ven de presentar no rexistro municipal a súa renuncia ao cobro da correspondente indemnización pola asistencia ao Pleno Municipal Extraordinario convocado para o vindeiro martes día 18 cun único punto na Orde do Día: a toma de coñecemento da renuncia de dous Concelleiros do Partido Popular.

"Non me parece lícito cobrar a indemnización estipulada para a asistencia a este acto que de seguro ha de durar tan só uns minutos e que non precisa de ningún tipo de preparación nin traballo previo", asegura Tono Chouciño no texto presentado esta mañán no Concello.

Ante a opción de non asistir, o Concelleiro nacionalista decidiu acudir renunciando á remuneración habitual xa que non está no seu ánimo facer de menos a dous compañeiros de Corporación aos que, "desde posicións ideolóxicas totalmente discrepantes, estimo como veciños".

O do vindeiro martes será o segundo Pleno Extraordinario convocado para este mes de Setembro, trala decisión do Alcalde de mudar de data o Pleno Ordinario do mes de Agosto, pasando a celebrarse no día de onte, xoves día 13.

 

Tono Chouciño renuncia ao cobro pola asistencia ao próximo Pleno