MEMORIA HISTÓRICA

Solicitamos o cumprimento da Lei de Memoria Histórica

Placa franquista en Culleredo
Placa franquista en Culleredo

O BNG-Asembleas Abertas impulsou unha moción conxunta cos grupos municipais de Alternativa dos Veciños, Marea Veciñal e a concelleira non adscrita, solicitando o cumprimento da Lei de Memoria Histórica, eliminando aquelos restos que, 40 anos despois, aínda quedan á vista e supoñen exaltación da sublevación militar e da represión da ditadura.

Solicitamos o cumprimento da Lei de Memoria Histórica

Os grupos municipais de Alternativa dos Veciños, BNG-Asembleas Abertas, Marea Veciñal e a concelleira non adscrita, presentaron para o seu debate no pleno deste xoves día 29 unha moción conxunta solicitando o cumprimento da Lei de Memoria Histórica.

Tono Chouciño lembrou a existencia de numerosas placas e símbolos da ditadura en espazos públicos do noso Concello, "en 40 anos non fomos quen de erradicar estos restos que pública e notoriamente perviven á vista de calquera".

A moción insta ao goberno municipal á elaboración dun católogo de escudos, insignias, placas e outros obxectos, así como de nomes de rúas, que supoñan conmemoración ou exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar e da represión da ditadura.

O voceiro nacionalista, impulsor da iniciativa, agradeceu ao resto dos grupos asinantes o seu apoio, manifestando que "xa é hora de que estas rémoras da ditadura, que noutros países non estarían permitidas, sexan retiradas do noso rueiro".

Solicitamos o cumprimento da Lei de Memoria Histórica