TRANSPARENCIA

Rexeitado o recurso para a protección de dereitos fundamentais

A sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo baséase en que o proceso penal no que alcalde estaba acusado de ameazas e coacción a un policía local era unha cuestión privada e polo tanto allea á “dinámica municipal”. O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo non comparte este argumento xa que o propio alcalde manifestou nese xuízo que a súa única pretensión era actuar disciplinariamente por reiteración na desobediencia das súas ordes.

Rexeitado o recurso para a protección de dereitos fundamentais

O Xulgado Contencioso-Administrativo ven de notificar a sentencia desestimatoria do recurso para a protección de dereitos fundamentais, presentado contra o Alcalde de Culleredo por negarse a incluír na orde do Pleno a petición de explicacións polo xuízo no que estaba acusado de ameazas e coacción a un policía local.

O fallo xudicial baséase en que ese proceso penal do alcalde é unha cuestión privada e polo tanto allea á “dinámica municipal”. Partindo disto, a sentenza considera que a proposición formulada non é un asunto que afecte ao funcionamento da policía local.

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo non comparte eses argumentos, xa que o Alcalde ostenta a xefatura superior do persoal do Concello, tal e como recolle a lexislación vixente, e tal e como recoñeceu no xuízo penal o propio alcalde cando dixo que a súa única pretensión era actuar disciplinariamente por reiteración na desobediencia das súas ordes.

Contra a sentenza cabe interpor recurso de apelación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, posibilidade que o BNG-Asembleas Abertas de Culleredo está a estudar. 

Rexeitado o recurso para a protección de dereitos fundamentais