LIMPEZA VIARIA

Reunión para avanzar na convivencia cotiá coas mascotas

Nas recentes reunións dos Consellos de Participación revelouse como unha preocupación recurrente, pola xeración de suciedade e de situacións de conflictividade. BNG-Asembleas Abertas de Culleredo reuniuse con representantes veciñais e de asociacións protectoras de animais para elevar un texto de consenso.

A creación de pipicáns incorporouse ás cláusulas para o novo contrato de Limpeza Viaria a iniciativa do BNG, pero a súa tramitación está paralizada dende o ano pasado.
 

Reunión para avanzar na convivencia cotiá coas mascotas

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo mantivo unha xuntanza con representantes veciñais e de asociacións protectoras de animais para tratar de avanzar na creación de zonas específicas para o xogo e alivio destes animais. Esta problemática revelouse como unha preocupación recurrente nas recentes reunións dos Consellos de Participación, tanto pola suciedade como pola xeración de  conflictividade en espazos públicos.

Tono Chouciño lembrou que a creación destas instalacións incorporouse á redacción das cláusulas para a concesión do novo Contrato de Limpeza Viaria, que se encontra paralizada dende o ano pasado.

Para o voceiro nacionalista "é preciso cubrir as necesidades das persoas propietarias destes animais e ao tempo garantir as condicións xerais de seguridade e limpeza do conxunto da zona urbana de Culleredo, algo que actualmente non sucede".

O contido da xuntanza plasmarase nunha moción que será levada próximamente ao Pleno, na que se recollan as achegas de ambas partes, para saír da parálise actual.

"Malia as reiteradas promesas e anuncios do Goberno Municipal nada se fixo. Procuraremos elaborar un texto de consenso e que non caia no caixón do esquecemento, como adoita pasar con moita frecuencia en Culleredo" indicou Tono Chouciño.