MANTEMENTO

Preguntamos polo mantemento da recollida de pluviais da autoestrada

asolagamento novo colexio

O recente episodio de intensas choivas na comarca provocou un gran asolagamento nas inmediacións do colexio novo, con máis de medio metro de altura, que puido provir do sistema de pluviais da autoestrada.

O BNG, que xa demandou en repetidas ocasións medidas que mitiguen o impacto da AP9 en Culleredo, pide a elaboración dun informe polos técnicos municipais, á vista dos continuos asolagamentos nese punto, que poida ser posto á disposición da veciñanza para posíbeis reclamacións ao Consorcio de Seguros.

Preguntamos polo mantemento da recollida de pluviais da autoestrada

O BNG de Culleredo dirixiuse ao Concello de Culleredo para que este demande do Ministerio de Fomento e de Audasa a revisión do sistema de evacuación de pluviais da autoestrada AP9 ao seu paso polo noso Concello.

O recente episodio de intensas choivas vivido na nosa comarca o sábado 30 de xullo provocou grandes inundacións de máis de medio metro de altura, nun punto da estrada DP3107, fronte ao colexio novo, onde xa se teñen detectado con anterioridade episodios de asolagamentos ainda que non de tanta consideración, que puidera provir do sistema de pluviais da autoestrada.

Tamén na ponte da autoestrada sobre a Ría do Burgo, no límite con Cambre, se detectou un aumento da caída de auga sobre a ponte peonil inferior o que provoca, ademais das molestias para as persoas que a empregan, o seu deterioro.

O voceiro nacionaista lembra que en repetidas ocasións demandou a adopción de medidas na AP9 para diminuír o seu impacto no noso Concello, como a instalación de pantallas acústicas ou a mellora das beirarrúas dos pasos superiores e inferiores, así como un acceso directo a ela dende Culleredo.

No caso da DP3107, que é propiedade da Deputación, o BNG pide ao Concello a elaboración dun informe polos técnicos municipais sobre a reiteración dos asolagamentos nese punto para a súa posta a disposición da veciñanza afectada para facilitar as reclamacións ao Consorcio de Seguros. Tamén se lle pide que inste ao organismo provincial a comprobar o sistema de drenaxe e evacuación de auga entre as marxes da estrada.

Para Tono Chouciño "é necesario que o Concello coide de que as propietarias das infraestruturas realicen nelas as debidas labores de mantemento durante todo o ano, para nos momentos de crise non ter que lamentar desperfectos nen danos persoais".
 

Preguntamos polo mantemento da recollida de pluviais da autoestrada