CONVIVENCIA ESPAZO PÚBLICO

Queixas veciñais pola mala xestión das festas

Vilaboa, a semana despois das festas
Vilaboa, a semana despois das festas

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo está a receber numerosas queixas da veciñanza de Vilaboa polos resultados das festas de Vilaboa e pola preocupación existente de cara ás do Burgo, mostra da escasa confianza nas promesas feitas recentemente polo Goberno Municipal.

Queixas veciñais pola mala xestión das festas

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo está a recibir numerosas queixas da veciñanza de Vilaboa polos resultados das festas da parroquia, así como de xente que se preocupa por como van ser as próximas do Burgo. Xa ninguén parece crer nos anuncios do goberno municipal de cambiar os límites de horarios e ruídos posto que xa o ano pasado fixeron o mesmo: anuncio no período de entre festas para acalmar os ánimos, incumprimento das promesas e deixar arrefriar o asunto ate o seguinte ano.

O BNG sería o primeiro en alegrarse de que se cambie o paradigma de festas, pero o goberno municipal debería explicar que foi o que cambiou nesta semana para que volvan anunciar un ano máis, neste preciso momento, que as festas do Burgo contarán cunhas garantías á convivencia que non houbo nas festas de Vilaboa hai unha semana, e dicirnos porqué debemos crelos despois de que o ano pasado fixeran o mesmo e non o cumpriran.

O voceiro nacionalista, Tono Chouciño, incrementa o seu escepticismo cando é a propia comisión de festas a que traslada a prensa que esas restricións conlevarían perdas. “E logo estas condicións non as coñecía a comisión de festas cando asumiu a organización? A quen engana o alcalde? aos veciños?  á comisión de festas? A todos simultaneamente?".

O BNG-AA ofreceu no último pleno ao resto de grupos políticos municipais acordar un texto para que a xestión de eventos no espazo público que leven a aproveitamento económico, se licite de acordo á lei de contratos e non como está sucedendo cada vez máis, como o caso das festas da zona urbana, de importante movemento económico sen control, a feira medieval, ou o parque acuático de Albedro; polo que volverá insistir na necesidade de aprobar un texto que implique o cumprimento da lei por parte do goberno municipal.