NOVO CEIP

PSOE e PP rexeitan a urxencia do novo colexio

consúmase o retraso na construción do novo colexio

Dende o BNG solicitamos estudar a posibilidade de empregar os remanentes positivos que nos últimos anos está a ter o Concello de Culleredo para acelerar e mellorar a obra do novo colexio, mediante a sinatura dun convenio coa Xunta, posibilidade recollida na "Guía de colaboración pública horizontal" de Galiza.

Tono Chouciño comprometeuse a continuar os contactos para avanzar nesta e noutras novas iniciativas

PSOE e PP rexeitan a urxencia do novo colexio

No pleno municipal do pasado xoves os representantes do PSOE e do PP en Culleredo rexeitaron discutir a moción urxente presentada polo BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, na que se propoñía, entre outras cousas, empregar o remanente positivo das contas municipais, que se acababa de aprobar, para acelerar as obras do novo Colexio.

A "Guía de colaboración pública horizontal" de Galiza recolle a posibilidade de asinar convenios de colaboración entre a Xunta e as entidades locais para "executar puntualmente obras ou servizos da competencia dunha das partes", como sería este caso.

Tendo como obxectivo que o novo centro comece a funcionar no inicio do curso 2017/2018, e tendo a Xunta orzamentados 3.233.336€ para a súa construción nos exercizos 2016 e 2017, só restarían 701.615€ para acometer os pagos das obras, e no propio pleno do xoves 29 aprobáronse unhas contas cun superávit de 2.614.754€.

Segundo Tono Chouciño, á vista dos superávits e dos remanentes de tesouraría dos últimos exercizos, "o Concello podería dispor no futuro de fondos propios cos que colaborar en acelerar e incluso introducir melloras nas obras".

O voceiro nacionalista comprometeuse a continuar os contactos coas administracións, tanto municipal como autonómica, e coa comunidade educativa para avanzar nesta proposta e estudar novas iniciativas "co obxectivo de que o colexio estea finalizado para o inicio do próximo curso, sobre todo á vista da experiencia que tivemos co Instituto".

PSOE e PP rexeitan a urxencia do novo colexio