ACCIDENTE ALVIA

Proxección da película documental "Frankenstein 04155" en Culleredo

Ana Miranda con representantes das vítimas
Ana Miranda con representantes das vítimas

Este martes día 8, ás 19.30h., proxectaremos a película documental "Frankenstein 04155", dirixida por Aitor Rei, na que nos tratan de dar resposta a moitas das interrogantes sobre o accidente do Alvia en Angrois. No posterior coloquio participará Ana Miranda, representante do BNG perante as institucións europeas.

Proxección da película documental "Frankenstein 04155" en Culleredo

Este martes día 8, o BNG-Asembleas Abertas de Culleredo ten programada a proxección da película documental "Frankenstein 04155", dirixida por Aitor Rei, e producida por Boneca Lareta coa colaboración da Plataforma Victimas del tren Alvia de Santiago de Compostela.

A proxección terá lugar ás 19.30 h., na Sala de Vídeo do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, con entrada libre, e o posterior coloquio contará coa participación de Ana Miranda, representante do BNG ante as institucións europeas, que puxo voz ás demandas das persoas afectadas en numerosas ocasións.

O filme trata de dar resposta a moitas das interrogantes sobre o accidente ferroviario do Alvia en Angrois, o 24 de xullo de 2013, o maior accidente ferroviario da democracia española, con 81 persoas mortas e máis de 140 que resultaron feridas.

Ao remate da proxección, poderemos falar con Ana Miranda de como foi o proceso para chegar ao informe da Axencia Ferroviaria Europea sobre o accidente, as trabas que puxo o Estado español para a investigación e as presións que aínda hoxe están a facer tanto o PP como o PSOE para evitar o debate na Eurocámara das denuncias presentadas polas vítimas.