DESPERFECTOS INSTALACIÓNS

Desperfectos no parquet da Polideportiva de Cordeda

Desperfectos na superficie do parquet
Desperfectos na superficie do parquet

Trala aparición de diversos desperfectos no parquet da polideportiva de Cordeda, entre eles a rotura dalgunha das táboas, pedimos a valoración dos danos e súa reparación. Pedimos tamén a determinación de se os danos gardan relación coa colocación dunhas canastras móbiles cun sistema de rodamento non axeitado para esa superficie, problema que denunciamos no seu momento e que supostamente xa estaba arranxado.

Desperfectos no parquet da Polideportiva de Cordeda

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo solicitou a valoración e reparación dos danos aparecidos no parquet da Polideportiva Ría do Burgo, en Cordeda, onde apareceron marcas na superficie e a rotura de algunha táboa.

Tono Chouciño solicitou tamén a determinación da orixe deses danos, xa que houbo queixas dende o primeiro intre de que as canastras tiñan un sistema de rodamento que non era axeitado para esa superficie, "o que é sorprendente, xa que foron subministradas pola mesma empresa que puxo o parquet".

O voceiro nacionalista lembrou que estas queixas xa lle foron transmitidas no seu día ao concelleiro de Deportes, e que dende ese departamento se informou que xa estaba solventado o problema, "sería ben saber se iso foi así, se os danos que apareceron teñen algunha relación, e se hai posibilidade de reclamar as garantías da obra".