XOVES 29 ÁS 20.30H.

Pleno Municipal Setembro 2016

20160929 convocatoria pleno
Convocatoria Pleno 29/09/2016

Este xoves, 29 de setembro, terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello, en Tarrío, o Pleno Municipal correspondente ao presente mes, ás 20.30h. do serán.

Pleno Municipal Setembro 2016

A orde do día será a que sigue:

1.- Aprobación, se procede, das actas das sesións ordinarias de data 25.08.2016 e 30.08.2016
2.- Proposta relativa á desestimación da revisión de oficio da resolución da alcaldía do 21 de xaneiro de 2008 que ordenou ao Grupo de Empresas Bruesa S.A. a demolición dos muros de contención que se executaron no linde Sur do ámbito do Plan Parcial Zapateira 1.
3.- Proposta relativa á aprobación Conta Xeral 2015.
4.- Proposta relativa a modificación das ordenanzas fiscais números 2, 15 e 21.
5.- Proposta relativa a modificación da tarifa do servizo de saneamento
6.- Proposta relativa a derrogación da ordenanza fiscal número 11, reguladora da taxa por asistencias e estancias en establecementos municipais.
7.- Proposta relativa a transferencia de crédito entre distintos grupos de programas.
8.- Corrección de erro detectado na proposta de cambio de uso dunha parcela municipal na Avda. do Portádego.
9.- Moción do BNG sobre reparación de biblioteca do IES Universidade Laboral.
10.- Dación de conta de solicitude de subvención para o período 2016/2017 para programas dirixidos á inclusión social da comunidade xitana.
11.- Dación de conta de resolucións da alcaldía e concellarías delegadas.
12.- Dación de conta da sinatura dun convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Culleredo para levar a cabo as
obras do proxecto construtivo da "Separata do proxecto da Rede Ciclista Metropolitana".
13.- Mocións urxentes.
14.- Rogos e preguntas.

Pleno Municipal Setembro 2016