AEROPORTO

Solicitamos a creación dunha comisión especial de seguemento do Plan Director do Aeroporto

plan director
plan director

Solicítase ao Pleno a súa creación e convocatoria urxente para comezar a traballar de xeito inmediato, ao ser o prazo de revisión e de presentación de alegacións de 45 días.

Deberían facer parte da Comisión todos os grupos políticos con representación no Concello, e contar coa asistencia dos técnicos municipais que están a estudar o documento, recollollendo as achegas de colectivos e persoas afectadas.

Solicitamos a creación dunha comisión especial de seguemento do Plan Director do Aeroporto

O pasado 15 de xuño publicouse no BOE o anuncio polo que se somete a información pública o Informe de Sostebilidade Ambiental e a proposta de revisión do Plan director do Aeroporto de Albedro, cun prazo de revisión e de presentación de alegación de 45 días.

Ante a importante repercusión que ten este Plan no noso Concello, con novas expropiacións que afectan a gran número de vivendas e o aumento da contaminación tanto acústica como por partículas, consideramos necesario que se estuden en detalle os documentos publicados e se recollan as achegas de colectivos e persoas afectadas.

Desa comisión deberían facer parte todos os grupos políticos con representación no Concello de Culleredo, e debería ter a asistencia dos técnicos municipais que están a estudar o documento.

O BNG de Culleredo solicita ao Pleno que a convocatoria da Comisión Especial se faga de xeito urxente para poder comezar a traballar de xeito inmediato, dado o corto prazo de tempo para a presentación das alegacións e a complexidade dos textos.

Solicítase a súa creación e convocatoria urxente para comezar a traballar de xeito inmediato.