EDUCACIÓN

O novo colexio de Culleredo carecerá de cociña

O novo colexio carecerá de cociña

O novo Centro de Infantil e Primaria que se vai a construir en Culleredo vai carecer de cociña na que elaborar as comidas dos nenos e nenas que utilicen o servizo de comedor no Centro, contando tan só cun espazo para a recepción e distribución do cátering, incumplindo así unha das demandas formuladas polas asociacións de pais e nais e que foi refrendada por unanimidade no Pleno Municipal dacordo coa moción presentada polo BNG-Asembleas Abertas de Culleredo.

Isto supón a segunda demanda unánime do Pleno Municipal referente ao novo Colexio que é desprezada pola Xunta de Galiza, co aparente beneplácito do Goberno Municipal, a xulgar polos amplos sorrisos co que recibiron aos representantes do PP, despois de ignorar a demanda de tramitación urxente do proxecto, aprobada en setembro de 2015.

O voceiro do BNG-Asembleas Abertas insistiu na necesidade de que o Goberno Municipal respecte e defenda os acordos unánimes do Pleno, "máxime en asuntos que afectan directamente ao benestar e aos dereitos fundamentais dos nosos veciños e veciñas, como neste caso".

Tono Chouciño lembrou que a demanda de instalar cociña propia nos centros, despois de todo o acontecido este ano, "non é cuestión baladí pois o momento do comedor tamén é un momento de aprendizaxe: de alimentación saudábel, de hixiene, ou de comportamentos", e a cociña escolar debe contribuír a promover o comercio de proximidade e o consumo de alimentos de temporada, ademais de aforrar custos ás familias, "ben xestionado, o servizo de cociña e comedor escolar pode ofrecer un mellor servizo a menor coste", polo que exixiu a modificación do proxecto e a inclusión dunha cociña.

O novo colexio de Culleredo carecerá de cociña