INFORMACIÓN PÚBLICA

Novo Boletín do BNG de Culleredo

voceiro novembro 2018

O boletín trata de dar conta, dun xeito veraz, do traballo desenvolto nos últimos meses e da situación actual do Concello.

Entre os temas tratados está o do Complexo da Garrocha, no que o BNG está a estudar os pasos a seguir para que non volva repetirse o do CLT de Ledoño ou o do CEIP Ría o Burgo

Tamén se trata a visita de Ana Pontón e se informa das canles para formular propostas de cara aos Orzamentos Municipais.

Novo Boletín do BNG de Culleredo

O BNG de Culleredo enviará nos vindeiros días aos fogares cullerdenses un novo número do seu boletín informativo, co que trata de dar conta do traballo desenvolto nos últimos meses e da situación na que se encontra o Concello.

O boletín, sufragado integramente coas aportacións da militancia da formación, informa entre outras cousas da situación na que se atopa o Complexo da Garrocha, da visita de Ana Pontón para coñecer os problemas de escolarición e de acceso á AP9 no noso Concello, ou das canles regulamentarias para formular propostas de cara aos Orzamentos Municipais.

Para Alba Pérez, responsábel local do BNG, "o boletín é un esforzo para achegar ás nosas veciñas e veciños información veraz da actualidade de Culleredo, afastada dos anuncios sen límite que emanan do Concello e dos trolls que pupulan polas redes sociais".

Sobre a situación da Garrocha, Tono Chouciño informa que se están a estudar os pasos a seguir, "non vamos a consentir outro caso como o do CLT ou o do Colexio Ría do Burgo, alguén terá que responsabilizarse das perdas económicas que se lle causan non só ao Concello, senón a todos os nosos veciños e veciñas".

Novo Boletín do BNG de Culleredo