ENCONTROS ABERTOS

Nova xeira de Encontros Abertos do BNG de Culleredo

Será o segundo ano que se realizan estas reunións polas parroquias, despois da exitosa esperiencia do ano pasado, onde se conseguiron incorporar algunhas das demandas que foron transladadas ao Goberno Municipal, como o asfaltado do camiño de Orro á Zapateira ou a construción dunha cuberta para o patio da Escola Infantil de Ledoño, e noutras producíronse avances, como foi na demanda xeralizada de melloras na rede de sumidoiros.

Nova xeira de Encontros Abertos do BNG de Culleredo

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo realizará este ano unha nova xeira de Encontros Abertos nas distintas parroquias do Concello, para coñecer e recoller as necesidades dos nosos veciños e veciñas de cara a elaboración dos orzamentos de 2017.

Será o segundo ano que se realizan, despois da exitosa esperiencia do ano pasado, onde se conseguiron incorporar algunhas das demandas que foron transladadas ao Goberno Municipal, como o asfaltado do camiño de Orro á Zapateira ou a construción dunha cuberta para o patio da Escola Infantil de Ledoño, e noutras producíronse avances, como foi na demanda xeralizada de melloras na rede de sumidoiros.

Estas reunións son necesarias polo nulo avance na participación cidadá na elaboración dos orzamentos, ao estar sen constituír, cando xa transcurriu máis dun ano de mantado, o Consello Xeral de Participación Cidadá. Sería neste órgano onde se deberían debater e elaborar propostas para o 30% do orzamento, tal e como se comprometeu o Goberno Municipal.

Para Tono Chouciño "a participación cidadá é un dereito fundamental, e non se pode substituír coas prácticas máis propias do caciqueo ás que nos ten acostumbrados o Goberno de Julio Sacristán"