PARÁLISE MUNICIPAL

Inquietude polo retraso na convocatoria das subvencións anuais ás asociacións

O BNG levou ao Pleno Municipal do pasado xoves o retraso na convocatoria das subvencións, despois de recibir queixas das asociacións e de que estas se repetisen nos Consellos Sectoriais da semana pasada.

Nen as persoas representantes do Goberno Local nos Consellos Sectoriais, nen o alcalde no Pleno, foron quen de explicar os motivos do retraso. Limitáronse a dicir que serían convocadas "en breve" e que estaban "en trámites", o que contribúe a aumentar a incerteza.

O retraso na convocatoria destas axudas, cando falta un mes para que remate o ano, dificulta o funcionamento normal das asociacións e a posta en marcha das súas iniciativas.

Inquietude polo retraso na convocatoria das subvencións anuais ás asociacións

O BNG de Culleredo levou ao Pleno municipal do pasado xoves a inquietude que distintas asociacións nos teñen trasladado porque as subvencións anuais, correspondentes ao presente exercizo, non teñan aínda sido convocadas.

Esta inquietude púxose de manifesto nos distintos consellos sectoriais celebrados a semana pasada. Neles os representantes do Goberno Local limitáronse a contestar que serían convocadas "en breve", pero sen dar máis información.

A convocatoria das axudas municipais e un trámite que se repite anualmente e que debía estar totalmente prevista. O seu retraso dificulta o funcionamento normal das asociacións e a posta en marcha das súas iniciativas.

Tono Chouciño amosou o seu apoio a estas asociacións "que con a dedicación de tempo e de esforzo persoal polas persoas socias desenvolven actividades que benefician ao conxunto da sociedade favorecendo unha dinámica social que debe ser fomentada e coidada e non sometida a estas incertezas".

O voceiro nacionalista lamentou a resposta do Alcalde no Pleno limitándose a dicir que estaban "en trámite", pois "non serve para despexar nengunha dúbida, senón para incrementar o grao de incerteza e inquedanza, todo o contrario da confianza que dende o seu cargo público debería transmitir aos seus veciños e veciñas".

Inquietude polo retraso na convocatoria das subvencións anuais ás asociacións