CIRCOS CON ANIMAIS

Iniciativa do BNG de Culleredo en defensa dos animais

A iniciativa trata de acadar o máximo consenso entre todos os grupos políticos con representación municipal e asociacións en defensa dos animais e da natureza, para a declaración de Culleredo como concello amigo dos animais.

Iniciativa do BNG de Culleredo en defensa dos animais

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo vai pór en marcha unha iniciativa ante os demais grupos políticos e asociacións en defensa dos animais e da natureza, para buscar o máximo consenso posíbel, ante as numerosas queixas de persoas que denunciaron as condicións en que se encontraban os animais dun circo instalado en terreos municipais.

A iniciativa pretende acadar a declaración de Culleredo como concello amigo dos animais, prohibindo espectáculos onde se lles maltrate, e prohibindo tamén a publicidade de tais espectáculos nos espazos e medios públicos municipais.

Tono Chouciño lembrou que xa en xaneiro de 2013 o BNG levou ao Pleno Municipal unha moción neste sentido, que foi rexeitada polos restantes grupos, PSOE, PP e o que naquela altura aínda era APdC. "No tempo que transcurriu desde entonces a sociedade ten avanzado moito na defensa dos dereitos dos animais, polo que cremos que é o momento axeitado para que, entre todos e todas, Culleredo tamén avance"

Iniciativa do BNG de Culleredo en defensa dos animais