PLENO MUNICIPAL

O Goberno Municipal de Culleredo tenta fuxir das súas responsabilidades

A Garrocha
A Garrocha

Alcalde e Concelleiros protagonizaron unha fuxida á carreira do Pleno Municipal celebrado o pasado xoves, ante a súa incapacidade para contestar as preguntas formuladas por Tono Chouciño.

Os responsabeis municipais non foron quen de explicar se o concesionario das instalacións municipais do Clube Deportivo da Garrocha está ao corrente de pago do canon.

Tampouco souberon explicar porque aínda non se celebrou o acto de recepción da obra do muro de contención no Río Trabe, obrigatorio pola Lei de Contratos.

O Goberno Municipal de Culleredo tenta fuxir das súas responsabilidades

O Goberno Municipal, co alcalde José Ramón Rioboo á cabeza, protagonizou o pasado xoves unha fuxida á carreira do Pleno Municipal, ante a súa incapacidade para contestar as preguntas que se lle prantexaron polo voceiro do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, referidas ao Clube Deportivo da Garrocha e ao muro de contención erguido no río Trabe.

As preguntas, moi concretas, que se lle prantexaron foron, no caso da Garrocha se o concesionario está ao corrente do pago do canon (24.000€/ano), se non o está canto debe a día de hoxe, e porque non se proseguiu co expediente de reversión iniciado en 2012.

No caso da obra no río Trabe, o voceiro nacionalista preguntou porque non se fixo aínda o acto de recepción da obra, obrigatorio por lei. Trátase dun contrato cualificado de "urxente", por valor de 140.000€ e cun prazo de execución de 42 días, que entrou en vigor o 30 de decembro de 2016, pasando máis dun ano sen que aínda  se dera por rematado.

As únicas respostas obtidas do Goberno Municipal foi que a situación da Garrocha "está a ser estudada polos técnicos municipais", e que a obra do río Trabe non se puido rematar "pola chuvia". Ambas respostas, a preguntas que o BNG ven formulando en reiteradas ocasións durante os últimos meses, en distintos Plenos e comisións informativas, son totalmente vagas e insuficientes.

Para Tono Chouciño, a actitude do Goberno Municipal evidencia que "a situación debe ser peor incluso do que pensamos", polo que é preciso aclarar o que pasa con estas dúas contratacións públicas e depurar as conseguintes responsabilidades, se as houber.

O Goberno Municipal de Culleredo tenta fuxir das súas responsabilidades