CLT LEDOÑO

O goberno municipal avanza na consolidación das perdas do CLT

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo votou en contra da actualización de inventario levada a Pleno polo goberno municipal, e aprobada grazas á abstención da Marea e de Alternativa, porque supón seguir avanzando na perda patrimonial derivada da tramitación, chea de eivas, desta instalación.

O goberno municipal avanza na consolidación das perdas do CLT

A proposta do Goberno Municipal, evidentemente, non recollía a área comercial prevista, nin o hotel, a ITV, ou a estación intermodal, entre outras. E non as recollía porque nunca se construíron a pesar de ir no acordo asinado para a construción do centro. Nin se construíron nin se reclamou dende o goberno municipal o cumprimento das obrigas contractuais.

Tampouco viñan as parcelas que foron vendidas e que segundo o informe da secretaria municipal do seu momento, non se poderían ter vendido. 

En cambio si figuran bens que están sendo xestionados por empresas privadas e que se incorporan ao inventario municipal como "libres de cargas".

Para Tono Chouciño "é un proceso totalmente falto de rigor, incorpóranse os bens que se salvan da queima sen ter feito aínda o proceso de liquidación, que era precisamente onde se deberían determinar cales son os bens que pasan a patrimonio municipal e cales non".