INVESTIGACIÓN XUDICIAL

Demandamos explicacións sobre os expedientes requeridos polo Xulgado

Tono Chouciño
O voceiro nacionalista, Tono Chouciño

O BNG promove, xunto co resto dos grupos da oposición, unha Xunta de Voceiros extraordinaria para que o Goberno dea explicacións ante o Pleno pola presenza da Policía Xudicial no Concello en demanda de expedientes para o Xulgado.

O BNG xa ten demandado no Pleno explicacións de Julio Sacristán polo seu aval a un promotor, así como a creación dun Servizo de Vixilancia e Protección Urbanística, que tivo por resposta un desaforado ataque por parte do Goberno Municipal.

Demandamos explicacións sobre os expedientes requeridos polo Xulgado

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo decidiu promover, xunto co resto dos grupos da oposición, unha iniciativa para convocar Xunta de Voceiros extraordinaria para que o Goberno Municipal dea explicacións ante o Pleno pola presenza da Policia Xudicial no Concello para investigar presuntas infraccións en materia urbanística, medioambiental e na tramitación de multas.

Para Tono Chouciño "isto é algo que sabiamos que antes ou despois acabaría acontecendo. Hai moitas cousas que non nos cadran dentro da xestión de Julio Sacristán, por moito que el bote balóns fóra, porque os litixios en materia urbanística son innumerábeis: Vallesur, colexio Ría do Burgo, canteira de Sésamo...".

O voceiro nacionalista lembrou que xa no anterior mandato o BNG xa demandou aclaracións ao Alcalde polo seu aval a un promotor, aclaracións que nunca chegaron, malia afirmar o rexedor a súa intención de acudir á Xustiza.

Lembrou tamén a solicitude de creación dun Servizo de Vixilancia e Protección Urbanística, para unificar as competencias na materia, ante o descontrol reinante no Concello, que tivo por resposta un desaforado ataque por parte do Goberno Municipal.

"No BNG levamos tempo preguntándonos se non hai algún tipo de intencionalidade nesta falta de control e é un deber do Goberno de Julio Sacristán dar explicacións ante os seus veciños e veciñas e disipar, se é capaz, as dúbidas que esta situación lles poidan xerar" afirmou Tono Chouciño

 

Demandamos explicacións sobre os expedientes requeridos polo Xulgado