TRANSFERENCIA AP9

Culleredo demanda a transferencia da AP9

Os accesos ao CEIP Díaz Pardo seguen a ser deficientes
Os accesos ao CEIP Díaz Pardo seguen a ser deficientes

O Pleno municipal aprobou, coa única abstención do PP, apoiar a demanda da transferencia da autoestrada AP9, que atravesa o noso Concello, xa totalmente amortizada, que xera uns ingresos diarios de 300.000 euros á concesionaria, na actualidade en proceso de venda a un fondo de inversión estranxeiro.

Culleredo demanda a transferencia da AP9

No Pleno municipal correspondente ao mes de outubro aprobouse a moción presentada polo BNG-Asembleas Abertas de Culleredo no que se demandaba a transferencia da autoestrada AP9, coa única abstención do PP, apoiando á iniciativa aprobada no Parlamento galego por unanimidade e posteriormente rexeitada polo Goberno central en base a cálculos interesados.

Esta negativa do Goberno central supón un agravio comparativo xa que mentras se rexeita a transferencia da autoestrada galega, totalmente amortizada e que recada ao día 300.000 euros dos galegos e galegas, vanse destinar 8.000 millóns de euros a rescatar as autoestradas radiais madrileñas, no seu día proxecto estrela do PP e a día de hoxe totalmente quebradas.

Para Tono Chouciño o agravio é máis grave aínda no caso de Culleredo, que soporta as servidumes dunha instraestructura que atravesa o Concello e que "medra de costas aos nosos veciños e veciñas, sen importarlle as consecuencias sobre o medio nen os atrancos para a nosa vida diaria, atrancos que nen se molesta en mitigar".

O voceiro nacionalista lembra que "se está a falar de ampliar a capacidade da vía e da súa conexión coa terceira ronda pero seguen sen solucionar os problemas dos accesos ao Colexio Díaz Pardo do Burgo, a dotación de beirarrúas transitábeis nos pasos superiores e inferiores ou a adopción de medidas de insonorización ao seu paso polos núcleos de poboación. Anteponse o lucro empresarial ao beneficio social, probablemente para facela máis atractiva de cara á súa venda a fondos de inversión estranxeiros, proceso no que se atopa actualmente inmersa a concesionaria".