AUGA POTÁBEL

Campaña informativa polo deficiente funcionamento do subministro de auga potábel

boletín auga

De xeito repetido seguen a repetirse episodios de turbidez na auga que chega aos fogares. Como consumidores, os veciños e veciñas teñen dereito a reclamar e a ter unha compensación polos problemas no servizo, inclusive mediante unha rebaixa nos seus recibos.

Campaña informativa polo deficiente funcionamento do subministro de auga potábel

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo desenvolveu esta semana unha campaña informativa sobre o deficiente funcionamento do servizo de subministración de auga potábel, á vista dos problemas que se veñen repetindo nos últimos meses pola turbidez coa que, con demasiada frecuencia, chega aos fogares.

Tono Chouciño, representante nacionalista, transladoulle ao Goberno Municipal en reiteradas ocasións a necesidade de pórlle remedio a esta situación, sen atopar máis que excusas e respostas evasivas. "Os problemas seguen a producirse e, como consumidores, temos dereito a reclamar e a ter unha compensación polas deficiencias na prestación do servizo, inclusive mediante unha rebaixa nos seus recibos".

No boletín distribuido entre os veciños e veciñas lémbrase que a subministración de auga potábel se está a prestar no noso Concello sen contrato dende xuño de 2015, situación que ofrece múltiples dúbidas na xestión dun servizo de move un volume de negocio superior ao millón de euros, sen contraprestación algunha para o erario municipal.

O concelleiro do BNG resaltou e agradeceu a boa acollida que está a ter o escrito, "o que dá mostra da gran cantidade de persoas afectadas. Nel se inclúe un modelo de reclamación que poden empregar se o precisan. Se aínda non tiveron ocasión de consultalo, convidámolos a descargalo directamente da nosa web".

Campaña informativa polo deficiente funcionamento do subministro de auga potábel