TRANSPARENCIA

O BNG solicita mellorar a xestión dos eventos en espazos públicos

Verquido augas sucias na rede de pluviais
Verquido augas sucias na rede de pluviais

Culleredo debe avanzar nunha regulación que dea claridade aos procedementos de contratación de eventos en espazos públicos, garantindo a igualdade de oportunidades e tamén, en todo caso, a seguridade e as condicións de hixiene tanto para as persoas que acuden aos eventos como para o conxunto de veciños e veciñas.

O Concello debe tamén ter unha maior implicación na organización das festas populares, que nalgún caso derivaron a un modelo de festas de macrobotellón, todo o contrario do que a administración municipal debe fomentar.
 

O BNG solicita mellorar a xestión dos eventos en espazos públicos

O BNG considera que é importante avanzar nunha regulación que dea claridade aos procedementos de contratación destes eventos públicos e garanta a igualdade de oportunidades. Débese garantir tamén, en todo caso, a seguridade e as condicións de hixiene e seguridade tanto para as persoas que acudan a eses eventos como para o conxunto da poboación.

Para Tono Chouciño "mentres outros Concellos teñen regulada a organización de espectáculos en espazos públicos de acordo coa lei de contratación pública, en Culleredo seguirmos recorrendo ao "como se fixo sempre", aínda que ese "sempre" non teña respaldo normativo ningún, con actividades que se promocionan antes de ter licenza ou autorización algunha, procurando sempre esquivar todo tipo de control e/ou fiscalización".

O voceiro nacionalista reclamou unha maior implicación do Goberno Municipal na organización das festas populares, en liña co que tamén se fai noutros concellos. "Culleredo ten ido nos últimos anos cara un modelo de festas de macrobotellón, que son todo o contrario do que o Concello debe fomentar".

Tono Chouciño chamou a atención sobre a relaxación no cumprimento das normativas municipais nestes actos, "cousas que a calquera veciño suporíanlle unha multa, como a descarga de augas sucias na rede de pluviais, nestes eventos públicos fanse sen nengún tipo de reparo. Se a lei é igual para todos e todas, porqué non se aplica?".