CLÁUSULAS SOCIAIS

O BNG solicita contratar a limpeza viaria con empresas sociais

Solicitamos incluír no Contrato de Limpeza cláusulas sociais que permitan a súa contratación con Centros Especiais de Emprego e/ou Empresas de Inserción Sociolaboral, sector no que Culleredo conta con varios centros e institucións pioneiras. Esta posibilidade xa foi posta en práctica por outros concellos da contorna.

O BNG solicita contratar a limpeza viaria con empresas sociais

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo presentará unha emenda ao Contrato de Limpeza Viaria do Concello de Culleredo, para a inclusión no mesmo de cláusulas sociais que permitan a súa contratación con Centros Especiais de Emprego e Empresas de Inserción Sociolaboral, posibilidade recollida na actualidade pola lexislación, potenciando a xeración de emprego entre o colectivo de persoas con discapacidade e en risco de exclusión social.

Os Centros Especiais de Emprego son institucións de integración laboral, recoñecidas como elementos básicos integradores de persoas con discapacidade no mundo do traballo. A Lei 14/2013, de racionalización do sector público mesmo establece a obligatoriedade de contratar con eles na administración autonómica galega, sempre que as prestacións dos contratos estean comprendidas dentro dos seus fins.

Tono Chouciño lembrou que na nosa contorna hai varios Concellos que xa fixeron uso desta posibilidade, e que Culleredo conta con varios centros e institucións pioneiras á hora de traballar na formación e integración de persoas con discapacidade, "polo que o Contrato é unha oportunidade de completar un proceso xa iniciado, xerando uns beneficios non só económicos senón tamén de índole social para o conxunto da nosa veciñanza".